jueves, noviembre 06, 2008

Mis 3 fotos para ViaxArte 08

Hacia el volcán Paricutín
Uruapan (Michoacán- México; maio de 2007)

A primeira vez que pisei México foi en maio de 2007 por motivo dun encontro de artistas mexicanos e galegos (i d e n t i d a d e s.03). Ademáis de realizar os nosos proxectos artísticos, tamén tivemos actividades turísticas para coñecer os arredores do lugar onde estabamos, concretamente as cidades de Morelia e Uruapan, no estado de Michoacán. Esta foto é da visita que fixemos a cabalo para chegar ó volcán Paricutín, antes de visitar Tacámbaro, una aldea de indios purépechas. Tamén era a primeira vez que subía a un cabalo, porque non había outro xeito, agás que quixeramos envolvernos de cinza, o que máis me impactou era ver e saber que o meu guía era un cativo que traballa así en vez de ir á escola.


Que la Virgencita nos acompañe
Tepic (Nayarit-México; outubro 2007)

A segunda vez que estiven en México foi por motivos profesionais e personais. Pasei unha tempada de 3 meses vivindo en Tepic, a capital do estado de Nayarit. Un dos primeiros lugares que pisei foi a estación de autobuses (ou central de camiones como din alí). Impresionoume ver ese tipo de carteis e o contraste de todo o cotián, sempre coa Virxe de Guadalupe alá onde estés. E ademáis dixéronme, e comprobeino, que Tepic é das cidades máis seguras de todo México, pero está rumbo ao norte, cara a fronteira cos gabachos…

Los Huicholes en su ciudad
Tepic (Nayarit-México; decembro 2007)

Os huicholes son unha das razas de indios máis puras que quedan en México. No estado de Nayarit conviven con outros indios, que son os coras, tepehuanes e mexicaneros. Eles viven nas motañas de arredores, pero tamén é moi normal velos pola cidade vendendo as súas artesanías e facendo os seus recados. Pero o que me sorprendeu é velos coma se foran camiñando pola selva - o home vai diante e a muller detrás- co bolso na cabeza. Sempre levan a súa vestimenta tan peculiar, colorida e representativa, con todos os seus complementos feitos por eles mesmos tanto homes coma mulleres, vellos e nenos…

Marthazul, setembro de 2008

No hay comentarios:

Rebajas espAciales

En octubre decidí rebajar el precio de mis cuadros para poder moverlos a mejores destinos, y creé "mis rebajas espaciales" que si...